A compensación equitativa por copia privada recoñécese a favor dos autores cuxas obras son copiadas para uso privado xunto cos editores, os produtores de fonogramas e videogramas e os artistas intérpretes ou executantes.
A compensación por copia privada abóana os fabricantes de España en tanto actúen como distribuidores comerciais, así como os adquirentes fóra do territorio español, para a súa distribución comercial ou utilización dentro deste.
Considérase copia privada a reprodución realizada, en calquera soporte, sen asistencia de terceiros, de obras xa divulgadas, cando concorran simultaneamente as seguintes circunstancias: