12.8.2022

Comunicación pública

É comunicación pública todo acto polo cal unha pluralidade de persoas poida ter acceso á obra sen previa distribución de exemplares a cada unha delas. Son actos de comunicación pública a emisión dunha película, un concerto ou recital de música, unha representación teatral, unha lectura pública dun libro, a proxección de imaxes, exhibición pública de obras de arte, entre outras.