12.8.2022

Obra colectiva

Unha obra colectiva é a creada pola iniciativa e baixo a coordinación dunha persoa natural ou xurídica que a edita e divulga baixo o seu nome e está constituída pola reunión de achegas de diferentes autores cuxa contribución persoal se funde nunha creación única e autónoma, para a que fora concibida sen que sexa posible atribuír separadamente a calquera deles un dereito sobre o conxunto da obra realizada.

Salvo pacto en contrario, os dereitos sobre a obra colectiva corresponderán á persoa que a edite e divulgue baixo o seu nome.