12.8.2022

Obra derivada

A transformación dunha obra comprende a súa tradución, adaptación e calquera obra modificación na súa forma da que se derive unha obra diferente. Unha obra derivada é unha obra que se creou transformando unha obra orixinal. As obras derivadas son as traducións, as adaptacións, actualizacións ou revisións, os resumos, os arranxos musicais ou calquera que xurda dunha transformación dunha obra previa. Para crear unha obra derivada, precísase o permiso do autor da obra orixinal.