Resumo dun proxecto de película

Kun video julkaistaan netissä - muistilista

  1. SACAR IMAXES
    En lugares públicos, poden facerse fotos e vídeos, a menos que, por algún motivo, por exemplo, por seguridade, se prohibira. Ao facelo, non se debe molestar. Se sacas persoas, convén pedirlles permiso para facelo e para publicalo.
  1. INCLUÍR MÚSICA
    Para engadir música a un vídeo, precísase o permiso dos titulares dos dereitos da música. O permiso pode obterse tamén das entidades de xestión correspondentes, como son SGAE, SEDA, AGEDI ou AIE. Tamén podes facer a túa propia música ou utilizar música dispoñible en Internet legalmente, cuxo uso estea permitido cunha licenza Creative Commons ou outra licenza. Consulta detidamente as condicións de uso.
  1. ENGADIR IMAXES COMO PARTE DUN VÍDEO
    Como parte dun vídeo, podes engadir:
    a) IMAXES FEITAS OU TOMADAS POR TI
    b) IMAXES FEITAS OU TOMADAS POR OUTRAS PERSOAS

    Co permiso do autor
    Podes pedir permiso para usalas directamente ao fotógrafo ou ao titular dos dereitos.

    Cunha licenza Creative Commons
    Comproba as iconas da licenza para saber o que podes facer. O símbolo da licenza Creative Commons e o nome do autor deben indicarse xunto á imaxe.

    Imaxes libres de dereitos de autor
    As imaxes cuxo prazo de protección vencera poden usarse libremente. O prazo de protección de debuxos e obras fotográficas é de 70 anos desde o final do ano do falecemento do autor. O prazo de protección das meras fotografías é de 50 anos desde que se tomou a fotografía.
  1. INCLUÍR UN VÍDEO COMO PARTE DUN TRABALLO PERSOAL
    Para utilizar un vídeo ou parte del nun traballo persoal, precísase permiso, salvo que poidas incluír un fragmento con base no límite de cita. O permiso pode pedirse ao autor ou ao titular dos dereitos de autor (por exemplo, o produtor) ou puido concederse cunha licenza Creative Commons. Consulta detidamente as condicións de uso.

Lembra indicar no vídeo os datos do autor, e tamén os autores das imaxes, os vídeos e a música que uses.