Historia

O MISTERIO DA AULA DO DEREITO DE AUTOR

(escrito por Tuutikki Tolonen)

A porta da clase soa. Os alumnos vólvense cara o son. Un home pequeno e vestido de xeito peculiar permanece na porta.

—Perdoe, quen é vostede? —pregunta a profesora sorprendida.

O que acaba de chegar mira con severidade arredor da clase.

—Son o cabaleiro dos dereitos de autor —responde.

—Como di? —pregunta a profesora. Alguén solta unha risadiña.

O nome saca unha insignia que parece oficial do peto do peito e axítaa no aire.

—Son o cabaleiro dos dereitos de autor, e aquí cometeuse unha infracción que debe resolverse. Máis concretamente, unha serie de infraccións.

Todos gardan silencio.

—Unha serie de infraccións? —repite a profesora en voz baixa.

—Si. E o culpable está nesta sala.

Os alumnos míranse. O cabaleiro continúa:

—Noutras palabras, alguén desta clase non coñece a lexislación sobre a propiedade intelectual, ou incluso peor, non lle importa o máis mínimo.

—Quen? —murmura a profesora.

—Iso é o que vin saber —responde o home.