Para un artista, facer música é un traballo. Para el, son importantes, entre outras cousas, os ingresos procedentes das vendas de discos e as entradas para os concertos, e as regalías por dereitos de autor que se lle aboan cando a súa música soa na radio. Recolle as estrelas polas que Xaime gaña cartos para vivir picando nelas.
O xogo rematou. Xaime non pode permitirse gravar máis ca unha maqueta, mais pode dar froitos máis adiante. As túas decisións non influíron demasiado no éxito de Xaime. Lembra que a fonte de ingresos dun artista é facer música e, niso, ti tamén podes influír. Comprar discos ou cancións en Internet, escoitar música na radio ou comprar un DVD dun concerto favorecen o benestar e o éxito do artista. Copiar e compartir música en Internet non axuda o músico en absoluto, todo o contrario! A música é algo alegre, así que imos coidar do noso músico!
O xogo rematou. Polo momento, Xaime no pode permitirse máis ca un sinxelo autoeditado. Grazas ás túas decisións, Xaime levou unha boa remuneración cando menos dun concerto, mais a distribución de música en Internet, sen a súa autorización, aínda atrasa o seu éxito. Lembra que o salario dun músico consiste na venda de discos, o caché dos concertos e que a súa música soe, por exemplo, na televisión ou a radio. Imos encargarnos xuntos de que o músico tamén reciba o seu ben merecido salario e poida seguir facendo música.
O xogo rematou. Oh, yeah! Xaime conseguiu un disco de ouro! Tomaches boas decisións que favoreceron o éxito de Xaime. É importante que entendamos en que consiste o salario dun músico. Por exemplo, para os músicos, que se escoite música na radio é algo moi bo e, por iso, deben recibir regalías de entidades como AIE, SGAE e SEDA, depende do caso. En cambio, o artista non recibe ningún ingreso pola piratería que se produce en Internet.
O xogo rematou e as túas decisións fixeron que Xaime triunfe. Conseguiches un disco de platino! É xenial que comprendas en que consiste o salario dun artista e que o apoies cos teus actos. Canto mellor se atope un creador de música, mellor será a súa produción musical. Os concertos e outras actuacións tamén serán de maior calidade en xeral. Sigue así!