Cando se divulga unha obra e cando se publica?

Unha obra divúlgase cando se fai accesible por primeira vez ao público con consentimento do autor, por exemplo, o autor pona a disposición no seu blog, compártea en Internet, fai unha lectura pública, un cadro exponse nunha galería ou museo, etc.

O autor ten o dereito moral a decidir sobre a forma de divulgación da súa obra. Unha obra publícase cando se pon a disposición do público un número de exemplares da obra que satisfaga razoablemente as súas necesidades, estimadas de acordo coa natureza e finalidade da mesma. Por exemplo, un libro publicouse cando sae á venda nunha libraría. Se unha persoa quere publicar unha obra dun autor, precisa o seu consentimento.

More