Gardar e compartir obras nunha rede pechada é un uso privado?

Cando se publica material en Internet ou unha intranet xa non se trata dun uso privado segundo o previsto na Lei de Propiedade Intelectual, trátase dun acto de comunicación pública ou posta a disposición. En Internet ou intranet realízase unha copia da obra e ponse a disposición do público, sendo ambos dereitos exclusivos do autor. Polo tanto, para copiar e publicar, precísase o permiso do titular dos dereitos.

More