O profesor inclúe música de fondo na súa propia presentación de diapositivas. Precisa permiso para facelo?

Engadir música de fondo a unha presentación de PowerPoint ou semellante é unha sincronización, para o que se precisa un permiso especial dos autores da música. O permiso pode obterse en SGAE e SEDA, sen prexuízo dos dereitos que lles poidan corresponder a outros titulares representados por AGEDI e AIE.

Pode usarse libremente música cuxo período de protección vencera ou cuxo uso autorizara o titular dos dereitos, por exemplo, cunha licenza CC. Tamén pode incluírse música de fondo integramente de creación propia a un vídeo propio.

More