Podo ler un libro infantil en voz alta e gravalo nun vídeo que comparto en Internet ou intranet?

Unha lectura dun libro en público é un acto de comunicación pública. Para a comunicación pública dunha obra requírese, con carácter xeral, autorización do titular de dereitos. Unha gravación dunha lectura dun libro ou conto para a súa posterior posta a disposición na web ou intranet da escola require autorización. Esta autorización pode concedela o titular de dereitos (autor e/ou editor) e tamén se pode acudir á entidade de xestión de dereitos CEDRO.

More