Está permitido mostrar un extracto dun programa de ordenador ou un videoxogo aos alumnos como parte da clase se se cumpren os requisitos sinalados no artigo 32.3 da Lei de Propiedade Intelectual.
O artigo 32.3 permite ao profesorado da educación regrada impartida en centros integrados no sistema educativo español e o persoal de Universidades e Organismos Públicos de investigación nas súas funcións de investigación científica, non precisarán autorización do autor ou editor para realizar actos de reprodución, distribución e comunicación pública de pequenos fragmentos de obras e de obras illadas de carácter plástico ou fotográfico figurativo, cando, non concorrendo unha finalidade comercial, se cumpran simultaneamente as seguintes condicións:
a) Que eses actos se fagan unicamente para a ilustración das súas actividades educativas, tanto no ensino presencial como no ensino a distancia, ou con fins de investigación científica, e na medida xustificada pola finalidade non comercial perseguida.
b) Que se trate de obras xa divulgadas.
No caso de libros de texto e manuais universitarios, os usos con base nesta excepción son moi limitados.
More