Engadir música de fondo a unha presentación de PowerPoint ou semellante é unha sincronización, para o que se precisa un permiso especial dos autores da música. O permiso pode obterse en SGAE e SEDA. Sen prexuízo da remuneración que lle poida corresponder aos titulares de dereitos representados por AGEDI e AIE.
Pode usarse libremente música cuxo período de protección vencera ou cuxo uso autorizara o titular dos dereitos, por exemplo, cunha licencia CC. Tamén pode incluírse música de fondo integramente de creación propia nun vídeo propio.
More