Para incluír música e imaxes alleas nun avance requírese autorización.
Engadir música de fondo a unha presentación de PowerPoint ou semellante é unha sincronización, para o que se precisa un permiso especial dos autores da música. Tamén se pode solicitar a autorización a SGAE ou SEDA, sen prexuízo dos dereitos que lles poidan corresponder a outros titulares representados por AIE e AGEDI.
No avance dun libro, tamén poden usarse imaxes feitas e tomadas por un mesmo, así como música de creación propia ou imaxes e música de uso libre que se atope en Internet, como imaxes con licenza CC ou materiais cuxo prazo de protección vencera.
More