A clase de 4.º de ESO da Aula do Dereito de Autor está recadando cartos para a viaxe de fin de curso. Os alumnos están pensando en distintos métodos para recadar fondos.

A intención é recadar o máximo diñeiro posible para o fondo común da viaxe da clase. Coas túas seleccións podes influír no resultado final. Podes facer a tarefa en grupo, por parellas ou só.

Fantástico! O musical foi un éxito, e os vídeos do musical e os CD vendéronse moi ben na función. A clase de 4.º de ESO da Aula do Dereito de Autor recadou os cartos para a viaxe de fin de curso e comezan a pensar onde ir.

musikaali01

O espectáculo foi un éxito, mais a clase só recibe os ingresos das entradas. A venda dos DVD e CD non funcionou porque o vídeo e todas as cancións do musical se colgaron en Internet.

musikaali02b

O espectáculo non triunfa porque os alumnos non pediron os permisos necesarios.

O xogo rematou. A Escola Pirata conseguiu realizar e representar o seu propio musical nas garderías e os colexios próximos antes que a Aula do Dereito de Autor. Non paga a pena facer un mesmo tipo de representación para o mesmo público ao mesmo tempo. A clase ponse a pensar en novas ideas para recadar fondos.

musikaali04