Resumo da creación dunha peza musical

Resumo da creación dunha peza musical. Os dereitos de autor dunha peza musical pertencen a todas as persoas que participan na creación dunha canción, como o compositor, o letrista e o arranxista, cando se crea unha canción nova.

  1. COMPOÑER
    Se queres engadir a unha canción un fragmento dunha canción xa existente, sempre precisas o permiso dos autores da canción e, en determinadas situacións, tamén dos intérpretes e/ou produtores (por exemplo, se o fragmento forma parte dunha canción xa gravada). Podes informarte sobre as licenzas en SGAE, SEDA (que representan autores), AIE (que representa os intérpretes) e AGEDI (que representa os produtores de fonogramas).
  2. ESCRIBIR LETRAS
    Se queres utilizar calquera texto existente (por exemplo, un poema) ou traducir letras xa creadas ao idioma que desexes, precisas o permiso do autor orixinal do texto. Para obter o permiso, tes que consultar o autor, aínda que tamén poderán axudarte en CEDRO (para poemas, obras textuais) ou SGAE, SEDA (para letras de cancións).
  3. FACER ARRANXOS
    Se desexas adaptar unha versión nova e diferente da composición dunha canción, precisas o permiso do compositor da canción. Para traducir o texto, precisas o permiso do escritor do texto orixinal. Para obter os permisos, ponte en contacto co servizo de atención ao cliente de SGAE e SEDA.
  4. SUBIR UNHA CANCIÓN A INTERNET
    Lembra pedir permiso para publicar a calquera persoa que participe na creación e interpretación da canción.
  5. VÍDEO MUSICAL
    Se creas un vídeo musical que queres publicar en Internet, obtén con antelación os permisos dos autores das imaxes e da música para facer o vídeo. Obtén tamén o permiso dos intérpretes da música se usas música gravada. Se aparecen persoas no vídeo, tamén se precisará obter o permiso de todas elas para publicar o vídeo.