USO DO CONTIDO CREADO POR OUTROS Se queres incorporar no teu blog contido creado por outra persoa, como artigos de prensa, vídeos, imaxes, precisas o permiso do autor ou o titular dos dereitos de autor.
O autor puido autorizar que se modifique a súa imaxe ou obra cunha licenza Creative Commons. Comproba as iconas da licenza para saber como pode usarse a obra. O símbolo da licenza Creative Commons e o nome do autor deben indicarse xunto á imaxe.
Dunha obra publicada poden tomarse citas se se cumpren os requisitos sinalados no límite de cita: só podes utilizar un fragmento de obras xa divulgadas (salvo que se trate dunha imaxe), a modo de cita, análise, comentario ou xuízo crítico e sempre que concorra un fin docente ou de investigación. Lembra que debes citar o autor e a fonte. As citas márcanse con comiñas e coa referencia bibliográfica.
Pode crearse unha ligazón directa a materiais que estean en Internet con autorización. Para inserir materiais noutro sitio web, como norma xeral, precísase o permiso do autor ou do titular dos dereitos.
USO DE IMAXES No teu blog, podes usar:
a) Imaxes feitas ou tomadas por ti. b) Imaxes feitas ou tomadas por outras persoas.
Co permiso do autor
Cunha licenza Creative Commons
Imaxes libres de dereitos de autor As imaxes cuxo prazo de protección vencera poden publicarse e usarse libremente.
Coa restrición dos dereitos de autor O texto duna recensión, como a dunha exposición de arte, pode ir acompañado dunha imaxe da obra de arte publicada relacionada coa información. Calquera obra susceptible de ser vista ou oída con ocasión de informacións sobre acontecementos da actualidade pode ser reproducida, distribuída e comunicada publicamente, aínda que só na medida en que o xustifique a devandita finalidade informativa. Unha obra de arte situada de xeito permanente nun parque, rúa, praza ou vía pública pode fotografarse e incluírse nun blog.
INDICAR O NOME DO AUTOR DE XEITO VISIBLE Kun julkaiset toisen tekemiä teoksia, kuten kuvia, kirjoituksia tai videoita, tulee tekijän nimi mainita.
ALTERACIÓN DUNHA OBRA Jos haluat muokata teosta, esimerkiksi käsitellä kuvaa, tarvitset luvan tekijältä.Tekijä on voinut sallia kuvan tai teoksensa muokkaamisen CC-lisenssillä. Tarkista lisenssikuvakkeista, onko muokkaaminen sallittua. CC-lisenssimerkit ja tekijän nimi tulee liittää kuvan viereen.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS Compartir os teus propios escritos nas redes sociais.
Nas redes sociais, podes compartir unha ligazón ao teu blog.
Porén, ten en conta que se sobes fotos, vídeos ou escritos feitos ou tomados por outras persoas ás redes sociais, só é posible a respecto das obras para as que obtiveras o permiso de publicación para as redes sociais. Sempre que compartas obras nas redes sociais, debes consultar os seus termos e condicións. Nestes termos e condicións, en ocasións, inclúense cesións de dereitos sobre as obras que sobes, que debes ter en conta.
Publicar imaxes ou vídeos de persoas.
A publicación de imaxes ou vídeos non debe vulnerar a intimidade nin a honra das persoas que aparecen neles. Para facer e publicar fotos e vídeos, debes pedir permiso ás persoas que aparezan neles.
Antes de publicar, pensa se quererías que se publicase unha foto ou un vídeo teu semellante.