PARA MODIFICAR UNHA OBRA, PRECÍSASE PERMISO Facer unha animación é unha adaptación dunha obra. Para adaptar unha obra, precísase o permiso do autor.
USO DE IMAXES Podes utilizar a) Imaxes feitas ou tomadas por ti b) Imaxes feitas ou tomadas por outras persoas
Co permiso do autor
Cunha licenza Creative Commons Comproba nas iconas das licenzas se a imaxe pode modificarse. O símbolo da licenza Creative Commons e o nome do autor deben indicarse xunto á imaxe.
c) Imaxes libres de dereitos de autor As imaxes cuxo prazo de protección vencera poden publicarse e usarse libremente.
INCLUÍR MÚSICA Para engadir música a unha animación, precísase o permiso dos titulares dos dereitos da música. O permiso pode obterse das entidades de xestión correspondentes, como son SGAE, SEDA, AGEDI e AIE. Tamén podes facer a túa propia música ou utilizar música dispoñible en Internet legalmente, cuxo uso estea permitido cunha licenza Creative Commons ou outra licenza. Consulta detidamente as condicións de uso.
USO DE EFECTOS DE SON Un efecto de son illado, se é orixinal, pode ser unha obra protexida ou incluso estar protexido como marca. Nestes casos, o seu uso, con carácter xeral, require autorización. Podes crear un efecto de son ti mesmo ou usar os efectos de son que se atopan en Internet cuxo uso estea permitido. Consulta detidamente as condicións de uso.
INCLUÍR UN VÍDEO COMO PARTE DUN TRABALLO PERSOAL Con carácter xeral, para utilizar un vídeo ou parte del nun traballo persoal, precísase permiso do autor ou autores, salvo que uses un fragmento ao amparo do límite de cita. O permiso pódese pedir ao autor ou ao titular dos dereitos de autor (por exemplo, o produtor), ou puido concederse cunha licenza Creative Commons. Consulta detida-mente as condicións de uso das distintas licenzas Creative Commons.
LEMBRA OS DEREITOS MORAIS DO AUTOR E A HONRA DA PERSOA Unha obra feita por outra persoa non pode alterarse de xeito que ofenda o autor ou a obra. Non poden compartirse nin publicarse imaxes ofensivas de ninguén. Pensa se che gustaría que se publicase unha animación semellante de ti.