Uso de obras de arte no ensino

  1. MOSTRAR IMAXES NO ENSINO
    Na clase, poden mostrarse imaxes de obras de arte. A Lei de Propiedade Intelectual permite aos profesores de educación regrada de centros integrados no sistema educativo español e o persoal de Universidades copiar, repartir ou mostrar na clase fragmentos de obras e de obras illadas de carácter plástico ou fotográfico figurativo, cando, non concorrendo unha finalidade comercial, se cumpran simultaneamente as seguintes condicións:

    a) Que tales actos se fagan unicamente para a ilustración das súas actividades educativas, tanto no ensino presencial como a distancia, ou con fins de investigación científica, e na medida xustificada pola finalidade non comercial perseguida.

    b) Que se trate de obras xa divulgadas.

    Porén, só as universidades ou centros públicos de investigación poderán fotocopiar e repartir copias ou pór na aula virtual fragmentos de libros de textos e manuais universitarios. As escolas que desexen fotocopiar libros de texto e repartir esas copias ou poñelas a disposición na intranet deben pedir autorización ao titular de dereitos ou licenza a CEDRO.
  2. USO DE IMAXES COMO PARTE DA TÚA PROPIA PRODUCIÓN
    Podes utilizar:
    a) Imaxes tomadas ou feitas por ti (debuxadas, pintadas, etc.).
    b) Imaxes feitas ou tomadas por outras persoas.

    Co permiso do autor Coa autorización de VEGAP.
    Podes incorporar imaxes no teu traballo ou fragmentos de textos, cumprindo os requisitos do límite de cita. Lembra indicar os datos do autor no teu traballo e a fonte.

    Cunha licenza Creative Commons.
    Comproba as iconas da licenza para saber o que podes facer.

    Imaxes libres de dereitos de autor.
    As imaxes cuxo prazo de protección vencera poden usarse libremente.

    Sitio web da Galería Nacional de Finlandia.
    A Galería Nacional publicou moitas fotografías de obras de arte baixo unha licenza CC0, polo que son de uso libre. Comproba que imaxes son de uso libre. Podes atopar imaxes de obras de arte de uso libre aquí.
  3. EDICIÓN DE IMAXES
    Non podes compartir as imaxes transformadas sen o permiso do autor da obra orixinal.

    Cunha licenza Creative Commons.
    Comproba nas iconas da licenza que pode editarse.

    Imaxes libres de dereitos de autor.
    As imaxes cuxo prazo de protección vencera poden editarse libremente.
  4. EDICIÓN DE IMAXES
    As obras de arte poden utilizarse como fonte de inspiración para o teu propio traballo. Os dereitos de autor non protexen as ideas. As ideas dunha obra creada por outra persoa poden materializarse nunha forma nova, creativa e orixinal.

    Para reproducir unha obra de arte debuxándoa ou pintándoa, precísase o permiso do autor orixinal.
  5. FACER FOTOS DE OBRAS DE ARTE E USO DAS IMAXES
    Unha obra de arte situada de forma permanente nun lugar público pode fotografarse e a imaxe pode divulgarse sen pedir autorización.

    O propietario do lugar pode prohibir que se fagan fotos. Por exemplo, nun museo, non sempre poden facerse fotos dos cadros ou debe pedirse permiso con antelación.

Lembra indicar os datos do autor no teu traballo se usas as fotos ou as obras creadas por outras persoas.