Os alumnos deciden escribir o seu propio guión do vídeo do avance do libro que leran.
Fan a súa propia representación e grávase. No vídeo, tamén se engade música.
Os alumnos deciden publicar o vídeo no blog da clase, mais hai unha cousa que lles preocupa. Precísase permiso de alguén para publicar un vídeo no blog?
O guión e a gravación están protexidos polos dereitos de autor. Precísase tamén o permiso dos intérpretes para publicar o vídeo. Para engadir música a un vídeo, precísase o permiso dos creadores da música.
Os traballos dos alumnos tamén están protexidos polos dereitos de autor.
Correcto. Precísase o permiso dos autores e intérpretes para publicar un vídeo. Para engadir música a un vídeo, precísase o permiso dos creadores da música.