Uns alumnos queren incluír música a un vídeo que crean na clase. Precisan un permiso especial?

Engadir música a un vídeo é unha sincronización, para o que se precisa un permiso especial dos autores da música. O permiso pode obterse en SGAE e SEDA, sen prexuízo dos dereitos que lles poidan corresponder a outros titulares representados por AGEDI e AIE.

Pode usarse libremente música cuxo período de protección vencera ou cuxo uso autorizara o titular dos dereitos, por exemplo, cunha licenza CC. Tamén pode incluírse música de fondo integramente de creación propia a un vídeo propio.

More