No traballo escolar, adoitan usarse imaxes publicadas, debuxos e fotografías ou diversas representacións gráficas. Os modos e as posibilidades de uso das imaxes diversificáronse coa tecnoloxía dixital. Para un uso non privado das imaxes tomadas e creadas por outras persoas, como norma xeral, esíxese o permiso do autor ou do fotógrafo. O permiso pode obterse do titular de dereitos ou da entidade de xestión VEGAP.
Poderán incorporarse imaxes a un traballo propio con base no límite de cita previsto no artigo 32.1 da Lei de Propiedade Intelectual.
Ademais, con base no artigo 32.3 da Lei de Propiedade Intelectual os profesores de escolas, institutos ou universidades poderán copiar, distribuír e comunicar publicamente obras illadas de carácter plástico ou fotográfico figurativo, cando, non concorrendo unha finalidade comercial, se cumpran simultaneamente as seguintes condicións:
a) Que eses actos se fagan unicamente para a ilustración das súas actividades educativas, tanto no ensino presencial como no ensino a distancia, ou con fins de investigación científica, e na medida xustificada pola finalidade non comercial perseguida.
b) Que se trate de obras xa divulgadas.
En Internet, hai unha gran cantidade de material gráfico dispoñible, cuxo uso autorizaron os titulares dos dereitos con licenzas Creative Commons ou outra licenza aberta similar. Ese material pode usarse de acordo coas condicións da licenza. Nas licenzas Creative Commons, hai varias combinacións distintas e diferenzas nos seus dereitos de uso. As iconas indican se o autor autorizou o uso da obra como tal, a modificación, a distribución ou o uso comercial da obra. Le máis sobre as licenzas Creative Commons.
En xeral, poden usarse imaxes, fotografías nunha tese se se cumpren os requisitos do límite de cita previsto no artigo 32.1 da Lei de Propiedade intelectual. Le máis sobre as citas de imaxes aquí.
As obras fotográficas orixinais están protexidas por dereitos de autor. Ademais, xéranse dereitos conexos a favor de aqueles que realizan meras fotografías. Os dereitos dunha fotografía orixínanse para a persoa que toma a foto, non para o obxecto da foto, nin para o modelo ou persoa que apareza nela. Para publicar e gardar unha fotografía, por exemplo, nun sitio web persoal ou na intranet da escola, esíxese o permiso da persoa que tomou a foto. Se hai persoas ás que se poida identificar na fotografía, para usar a imaxe, debe pedirse permiso a todas as persoal que poidan ser recoñecidas.
Se é orixina, atopámonos ante unha obra fotográfica. Outras fotografías están protexidas como meras fotografías. A superación do nivel de obra valórase caso por caso. Para superar o limiar de orixinalidade, poden influír, entre outras cousas, o resultado final reflectido como fotografía e as eleccións creativas que influíron no resultado do fotógrafo, como a composición, a montaxe, o encadramento, o ángulo de visión ou a iluminación da imaxe.
A protección dunha obra fotográfica e unha mera fotografía é diferente. A principal diferenza é o prazo de protección. Unha obra fotográfica está protexida 70 ou 80 anos desde o falecemento do fotógrafo, a contar desde o 1 de xaneiro do ano seguinte. O prazo de protección dunha mera fotografía é de 25 anos desde que se tomou, a contar desde o 1 de xaneiro do ano seguinte.
Lei de Propiedade Intelectual Art. 26 e 128
Unha pintura, un debuxo, unha escultura ou outra obra de belas artes adoitan ser sempre obras protexidas polos dereitos de autor.
Para sacar unha dunha obra de arte, por exemplo, da páxina dun libro de texto ou de Internet, esíxese, con carácter xeral, o permiso do autor ou do editor, salvo que tal uso poida ampararse por algún límite ou excepción.
Un debuxos está protexido por dereitos de autor se é orixinal. Os debuxos dos alumnos tamén poden estar protexidos. Deste xeito, por exemplo, para colgar un debuxo nun sitio web ou a plataforma de aprendizaxe pechada dun colexio ou para usalo nun impreso da escola, precísase o permiso do alumno. No caso dos alumnos menores de idade, tamén se precisa o permiso dos titores.
Os permisos de dereitos de autor para escolas que conceden as entidades de xestión non adoitan cubrir obras inéditas, como debuxos ou pinturas semellantes feitas por estudantes que non se fotografaran e imprimiran en revistas, libros ou outras publicacións, polo que nestes casos sempre se debe acudir ao estudante para pedir autorización.
Lei de Propiedade Intelectual Art. 43.
Os mapas, como un mapa de estradas, un mapa de parede ou incluso un mapa turístico adoitan ser obras protexidas por dereitos de autor. Segundo a Lei de Propiedade Intelectual, os mapas considéranse obras protexidas.
Para copiar un mapa, por exemplo, nun sitio web persoal en Internet ou como parte dun libro ou outra publicación, precísase o permiso do titular dos dereitos.
Os personaxes de cómics son obras protexidas por dereitos de autor. Para a reprodución, a copia e o uso do personaxe de cómic, precísase o permiso do titular dos dereitos. Por exemplo, poden debuxarse copias de personaxes de cómics para un uso privado, mais estas copias non poden usarse para ningún outro fin, como venderse ou publicarse en Internet.
Está permitido incluír unha imaxe de Internet como parte, por exemplo, dunha presentación de PowerPoint utilizada na clase dun profesor ou dun proxecto dos alumnos se se cumpren os requisitos do límite de cita. Tamén pode estar permitido o uso da imaxe, por exemplo, nas condicións de uso dun banco de imaxes ou cunha licenza Creative Commons.
En Internet, hai unha gran cantidade de material gráfico dispoñible, cuxo uso autorizaron os titulares dos dereitos con licenzas Creative Commons ou outra licenza aberta similar. Eses materiais poden usarse de acordo coas condicións da licenza. A licenza Creative Commons componse de condicións (iconas) definidas polo autor sobre como pode usarse a súa obra. Trátase dun material protexido por dereitos de autor, cuxo uso foi autorizado polo autor coas condicións especificadas. Unha licenza Creative Commons sempre esixe que o autor e a licenza se mencionen xunto á obra utilizada. Le máis sobre as licenzas Creative Commons.