1. Información xeral
O sitio web www.auladerechodeautor.org depende do Centro Español de Dereitos Reprográficos EGDPI (en diante, CEDRO), entidade de xestión colectiva de dereitos de propiedade intelectual con enderezo en Alcalá, 26, 3.º (entrada Cedaceros, 1), 28014 Madrid (teléfono +34 91 308 63 30, fax +34 91 308 63 27 e correo electrónico cedro@cedro.org).
CEDRO, cuxo NIF é V-78652203, está inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior co número 74.685 e foi autorizada para actuar como entidade de xestión de dereitos de autor por Orde do Ministerio de Cultura de 30 de xuño de 1988.
A Aula do Dereito de Autor é un servizo orixinal da Asociación finesa Kopiosto, que está dispoñible como parte do servizo de Kopiraitti.fi, mantido polo Ministerio de Educación e Cultura. A versión para España depende do CENTRO ESPAÑOL DE DEREITOS REPROGRÁFICOS EGDPI (CEDRO).
2. Sobre este aviso legal
O obxecto deste aviso legal é presentar as condicións xerais que regulan o acceso, navegación e uso do servizo accesible a través de www.auladerechodeautor.org, así como as responsabilidades derivadas da utilización dos seus contidos.
O feito de que CEDRO ou Kopiosto non exerzan ou executen calquera dereito ou disposición dos definidos neste aviso legal non poderá interpretarse como unha renuncia aos mesmos, a non ser que así se recoñecera e acordara por escrito.
Adicionalmente a estas condicións xerais, CEDRO poderá establecer condicións particulares que regulen a utilización de servizos específicos ofrecidos a través da súa web. En caso de discrepancia entre o que se establece nestas condicións xerais e as condicións particulares dun servizo ou contido, prevalecerá o disposto nestas últimas.
3. Usuarios
O só feito de acceder, navegar ou utilizar este sitio web confire a quen o leva a cabo a condición de Usuario. Desde o momento en que algún deses feitos se realiza, o Usuario acepta plenamente e sen reserva algunha as condicións xerais contidas neste aviso legal, así como as condicións particulares que, no seu caso, se poidan establecer para determinados servizos e contidos do sitio web. Por este motivo, o Usuario debe ler atentamente este aviso legal.
4. Uso deste sitio web, os seus contidos e servizos
O servizo está destinado a un uso docente non comercial e/ou a un uso estritamente persoal (non comercial nin empresarial).
O usuario está autorizado a imprimir, mostrar ou expor o material publicamente aos seus alumnos, exclusivamente nas súas actividades docentes e sempre que non concorra unha finalidade comercial. Do mesmo xeito, o usuario está autorizado a imprimir o material para o seu uso persoal. A reprodución e o uso do material para outros fins e en contextos distintos aos permitidos nestas condicións de uso ou na Le só están permitidos con autorización específica de CEDRO.
Para incluír o contido de www.campusderechodeautor.org como parte doutra páxina ou sitios de Internet, publicación ou para xerar unha base de datos hai que pedir autorización previa a CEDRO.
O Usuario comprométese a utilizar este sitio web e os seus servizos e contidos de forma correcta e lícita, de acordo coa lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
O Usuario non realizará accións que poidan causar danos ás páxinas web deste sitio ou que poidan inutilizalo, sobrecargalo ou deterioralo de calquera xeito. Tampouco levará a cabo ningunha actividade que poida impedir aos demais usuarios a normal utilización ou goce do sitio web.
Quedan prohibidos os seguintes actos en relación cos contidos deste sitio web:
O usuario será responsable de achegar información veraz e lícita. Os Usuarios son responsables da confidencialidade dos contrasinais e outros identificadores que CEDRO lles proporcione para acceder ao servizo, e comprométense a non cedelos nin permitir o seu uso a terceiros, nin de forma permanente nin de xeito temporal. Será responsabilidade do Usuario a utilización ilícita dos servizos deste sitio web por un terceiro empregando o seu contrasinal debido a un uso non dilixente por parte do Usuario.
O Usuario deberá comunicar a CEDRO de xeito inmediato calquera circunstancia que poida supor o uso indebido de contrasinais e outros indicadores, como por exemplo o roubo ou a perda. En tanto non se produza esa comunicación, CEDRO quedará eximida de toda responsabilidade que puidese derivarse do uso indebido por terceiros non autorizados deses contrasinais.
5. Dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial
Kopiosto e CEDRO son titulares dos dereitos de propiedade intelectual, industrial sobre os contidos dispoñibles nesta web, ou contan coa autorización necesaria para a súa utilización. O acceso, navegación e uso deste sitio web polo Usuario non implica en ningún caso renuncia, transmisión, licenza nin cesión total ou parcial por parte de Kopiosto ou CEDRO dos citados dereitos.
En consecuencia, non está permitido suprimir, eludir ou manipular o aviso de dereitos de autor («copyright») e calquera outro dato de identificación dos dereitos de Kopiosto ou CEDRO incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección, as pegadas dixitais ou calquera mecanismo de información ou de identificación que poidan conterse nos contidos.
Igualmente queda prohibido reproducir, modificar, reutilizar, explotar, comunicar publicamente, cargar arquivos, enviar por correo, transmitir, usar, tratar ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos no sitio web para propósitos públicos ou comerciais, se non se conta coa autorización expresa e por escrito.
Tamén queda prohibida a reprodución ou uso sen a autorización de CEDRO ou Kopiosto dos seus nomes ou marcas comerciais.
A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiros é da súa exclusiva responsabilidade.
6. Responsabilidade
A responsabilidade do uso deste sitio web corresponde única e exclusivamente ao Usuario. Esta responsabilidade debe entenderse de aplicación tamén ao uso, polo usuario ou un terceiro, dos contrasinais ou identificadores semellantes que poidan ser precisos para o acceso ao sitio web ou aos seus servizos.
En calquera caso, CEDRO reserva para si o dereito a denegar sen necesidade de aviso previo o acceso ao sitio web aos usuarios que incumpran estas condicións xerais, ou as condicións particulares que puideran establecerse.
CEDRO non se fai responsable en ningún caso dos danos e perdas de calquera natureza que poidan causarse por:
7. Modificación das funcións do servizo ou finalización do servizo
CEDRO ten dereito a cambiar o contido, o funcionamento e as condicións de uso do servizo, sempre que os cambios sexan precisos para desenvolver o servizo ou por calquera outro motivo xustificado. Ademais, ten dereito a deixar de prestar o servizo en calquera momento.
8. Política de Privacidade e Cookies
Para coñecer as nosas Políticas en materia de Protección de datos e cookies, visita a nosa Política de privacidade e a nosa Política de cookies.
9. Ligazóns
As ligazóns e contidos de páxinas web de terceiros ás que se pode acceder desde este sitio web non son responsabilidade de CEDRO, non podendo garantir que sexan exactos no momento de acceso do usuario.
9. Xurisdición
O presente aviso legal rexerase pola lexislación española.
CEDRO e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que poida corresponderlles, sempre que a lexislación que resulte de aplicación non dispoña obrigatoriamente outra cousa, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais da cidade de Madrid para cantas cuestións poidan suscitarse ou accións derivadas da prestación do servizo deste sitio web e dos seus servizos e contidos, e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.