Uso de las obras
Como podo usar materiais elaborados por outras persoas no ensino?
- Se se trata dunha obra protexida (creación orixinal) precísase a autorización do seu autor ou da entidade de xestión correspondente.
- Os dereitos de autor non protexen a mera información, as ideas, os principios; estes son de uso libre sempre que o escribas coas túas propias palabras. O que se protexe é a forma na que se expresan esas ideas, principios ou informacións.
- Poden usarse libremente: as leis e regulamentos e os seus correspondentes proxectos, as resolucións dos órganos xurisdicionais e os actos, acordos, deliberacións e ditames dos organismos públicos, así como as traducións oficiais de todos os textos anteriores , igual que as obras cuxo prazo de protección vencera.
- A Lei de Propiedade Intelectual recolle unha listaxe pechada de límites e excepcións aos dereitos de propiedade intelectual.
- Cos permisos obtidos para os centros educativos, as obras poden utilizarse de diversas formas no ensino.
- O autor puido permitir o uso da súa obra (por exemplo, unha imaxe, música ou vídeo) cunha licenza, como unha licenza Creative Commons. Le máis sobre as licenzas Creative Commons.
- Para usar unha obra pode pedirse permiso directamente ao titular dos dereitos ou á entidade de xestión de dereitos de propiedade intelectual que o represente.
En principio, precísase o permiso do autor para usar unha obra creada por outra persoa.