1. Identidade do responsable do tratamento
Titular: Centro Español de Dereitos Reprográficos (en diante, CEDRO)
Enderezo: C/ Alcalá, 26, 3.º (entrada C/ Cedaceros, 1), 28014 Madrid
NIF: V-78652203
Rexistro: Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior co número 74.685 e autorizada para actuar como entidade de xestión de dereitos de autor por Orde do Ministerio de Cultura de 30 de xuño de 1988.
Dominio: https://www.auladerechodeautor.org/ e www.cedro.org
Correo electrónico: dlp@cedro.org
DPO / Contacto:
Bird & Bird (International) LLP
Paseo de la Castellana, 7, 7.ª planta
28046 – Madrid
De conformidade coa normativa de datos de carácter persoal en vigor, e calquera outra lexislación relevante e actual aplicable, o usuario queda informado de que os datos persoais proporcionados serán tratados por CEDRO unicamente para os fins descritos no formulario correspondente no que se soliciten e para a xestión do servizo prestado a través de https://www.auladerechodeautor.org/, xestión do seu perfil ou creación dun novo contrasinal.
2. Información sobre actividades de CEDRO, dereito de Propiedade Intelectual e cultura
No caso de que vostede, en calquera dos formularios existentes nas diferentes webs de CEDRO, aceptara o envío de información sobre as actividades da nosa Entidade, informámolo de que os datos de carácter persoal proporcionados serán tratados por CEDRO para mantelo informado sobre a súa actividade, amparándose no seu interese lexítimo o caso no que se considere que existe unha relación xurídica con vostede, ou ben no seu consentimento, ao marcar a casa aceptando a Política de Privacidade, cando non exista unha relación xurídica entre vostede e CEDRO.
Informámolo de que a Entidade conservará os seus datos mentres dure a relación negocial e non se opoña a recibir información, ou mentres non se produza a revogación do seu consentimento, sen prexuízo da súa conservación mentres persistan as obrigas legais aplicables. Os logros máis recentes e outra información almacenada no perfil dos Usuarios conservaranse durante, cando menos, tres anos desde que se gardaron, salvo que se produza unha revogación do consentimento. Se un perfil non se usa en tres anos, o provedor de servizos ten dereito a eliminalo, así como os datos almacenados nel.
Do mesmo xeito, informámolo de que, en caso de que a base lexitimadora sexa o interese lexítimo, pode oporse ao tratamento dos datos coas finalidades apuntadas, en calquera momento, mediante o envío dun correo electrónico a cedro@cedro.org.
3. Formularios de contacto e rexistro
No caso de que vostede cubrira algún formulario de contacto ou rexistro nas webs de CEDRO, informámolo de que a Entidade tratará os datos de carácter persoal proporcionados neses formularios para atender as súas consultas e para a xestión e tramitación do servizo solicitado, amparándose no seu consentimento, tras cubrir e enviar o formulario correspondente e marcar a casa aceptando a Política de Privacidade, ou ben na execución da relación xurídica existente entre as partes, de entenderse que o rexistro dá lugar á existencia desa relación.
Do mesmo xeito, informámolo de que CEDRO conservará os seus datos mentres dure a relación negocial co vostede ou mentres non se produza a revogación do seu consentimento, sen prexuízo da súa conservación mentres persistan as obrigas legais aplicables á Entidade.
4. Exercicio de dereitos comúns a todos os datos persoais
Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en CEDRO estamos tratando os seus datos persoais. Nese caso, vostede conta cos dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade, a respecto dos seus datos de carácter persoal, así como coa posibilidade de revogar o seu consentimento, podéndoos exercer por escrito en cedro@cedro.org ou por carta a calle Alcalá, 26, 3ª Planta, 28014, Madrid.
Especialmente cando non obtivera satisfacción no exercicio dos seus dereitos, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade nacional de control. A estes efectos debe dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos: C/ Jorge Juan, 6, 28001-Madrid.
5. Comunicación de datos a terceiros
Con carácter xeral, CEDRO non cederá os seus datos a terceiros salvo por obriga legal. Porén, é posible que, para a correcta prestación dos servizos, a Entidade deba comunicar determinados datos persoais a terceiros que lle presten servizos, exclusivamente para o seu correcto funcionamento.
En calquera caso, estas comunicacións de datos faranse como encarga de tratamento por parte deses terceiros, para a prestación de servizos a CEDRO.
Neste sentido, CEDRO contará cos correspondentes contratos de encarga de tratamento cos terceiros que traten ou accedan aos datos de carácter persoal responsabilidade da Entidade, en cumprimento do establecido na normativa de Protección de Datos.
6. Recomendación de sitios/páxinas web
CEDRO, cando recomenda ou enlaza algún sitio/páxina web, considera que os mesmos son de interese para o usuario.
A Entidade non ten unha obriga de supervisión a respecto dos sitios/páxinas web que enlaza ou recomenda. Os mesmos creáronos persoas xurídicas, físicas ou entes sen personalidade, alleos a CEDRO. Esta non intervén na súa xestión, nin os financia, nin decide a respecto dos contidos incorporados, nin xestiona ou participa nos servizos que os sitios/páxinas web enlazados ou recomendados subministran. A Entidade anulará calquera ligazón, absténdose de recomendar o sitio/páxina web cando teña constancia fidedigna de que este e/ou os servizos que subministra son ilícitos ou lesionan bens ou dereitos de terceiros susceptibles de indemnización.
7. Uso de cookies
Pique aquí para obter información sobre o uso de cookies.
8. Seguridade dos datos
CEDRO adoptou nos seus centros de traballo e/ou locais, sistemas, infraestruturas de comunicacións, etc., as medidas de seguridade que a normativa de Protección de Datos de carácter persoal require. Tamén adoptou, entre outras, as medidas lóxicas, físicas, organizativas e contractuais que eviten o acceso de terceiros aos datos sen autorización, así como a destrución, a modificación, a reprodución, a divulgación, a transmisión ou a reutilización dos mesmos.
A pesar diso, sempre que vostede proporcione información persoal na rede, existe o risco de que terceiras persoas, cuxo control quede fóra do noso alcance, poidan interceptar esta información e utilizala.
Aínda que a Entidade se esforce por protexer a información persoal e a súa privacidade, non se pode garantir a seguridade da información que revele a través da rede e baixo a súa responsabilidade.
9. Vixencia e modificación da política de privacidade
A presente Política de privacidade está en vigor desde o 28/09/2022; o usuario pode arquivala e/ou reproducila.
A presente Política poderá ser modificada por cambios nos requisitos establecidos pola lexislación vixente en cada momento, por decisións xudiciais e cambios xurisprudenciais, así como por cambios na actuación e estratexia empresarial da Entidade. Cando estes cambios sexan significativos serán postos en coñecemento do usuario.