Pode citarse un texto escrito por outra persoa nun escrito propio?

En virtude da Lei de Propiedade Intelectual, é lícita a inclusión nunha obra propia de fragmentos doutras alleas de natureza escrita, sonora ou audiovisual, así como a de obras illadas de carácter plástico ou fotográfico figurativo, sempre que se trate de obras xa divulgadas e a súa inclusión se realice a título de cita ou para a súa análise, comentario ou xuízo crítico. Tal utilización só poderá realizarse con fins docentes ou de investigación, na medida xustificada polo fin desa incorporación e indicando a fonte e o nome do autor da obra utilizada. Debido ao carácter do dereito de cita, úsase xeralmente en traballos científicos, no ámbito do ensino e tamén para facer críticas das obras doutras persoas. Se non concorre un fin docente ou de investigación precísase obter autorización.

Só se permite citar dunha obra divulgada, ou sexa, unha obra que o autor puxera a disposición do público de algún xeito. A cita debe ter unha conexión relevante coa obra para a que se toma a cita.

A extensión dunha cita permitida, ou sexa, a «medida necesaria para o fin», non está definida pola lei, senón que sempre debe decidirse caso por caso. En termos xerais, pódese dicir que a cita non pode ser moi longa, debe limitarse a un fragmento.

Ao citar unha obra, sempre debe lembrarse mencionar a fonte da cita, ou sexa, como norma xeral, o nome do autor e a obra fonte.

More