Resumo dun proxecto

Muistilista

  1. USO DE IMAXES E TEXTOS
    As ideas, conceptos, datas, acontecementos, que atopes en textos poderás utilizalas narrándoas ou desenvolvéndoas coas túas propias palabras Podes recompilar datos, datas de acontecementos, ideas, feitos noticiosos de diferentes fontes e contalos coas túas propias palabras.

    Non esquezas citar as fontes!
  2. PRECÍSASE PERMISO PARA UTILIZAR IMAXES E TEXTOS
    O uso pode estar permitido

    En forma de citas:
    Podes incluír un fragmento dunha obra allea xa divulgada, no teu propio traballo, a modo de cita, análise, comentario ou xuízo crítico, sempre que o fagas cun fin docente ou de investigación. Debes citar sempre a fonte e o autor da obra. A cita márcase con comiñas e coa referencia bibliográfica.

    Con permiso do autor:
    Podes pedir permiso directamente ao autor ou ao titular dos dereitos para utilizar as súas obras. Tamén podes acudir a unha entidade de xestión de dereitos de propiedade intelectual que o represente.

    CEDRO concede licenzas a centros educativos para que profesores e alumnos poidan facer uso de obras escritas protexidas.
    Podes incluír un fragmento dunha obra textual allea ou unha imaxe allea no teu traballo sempre que esta incorporación a realices a modo de cita, análise, comentario ou xuízo crítico e sempre que o fagas cun fin docente ou de investigación. Lembra indicar os datos do autor e a fonte no teu traballo.

    Cunha licenza Creative Commons
    Comproba as iconas da licenza para saber o que podes facer. O símbolo da licenza Creative Commons e o nome do autor deben incluírse xunto á obra utilizada.

    As obras cuxo prazo de protección vencera poden usarse libremente.
  3. IMAXES/VÍDEOS
    Pide permiso para publicar e usar unha imaxe ás persoas que aparezan nela.

    Incluír música.
  4. PRECÍSASE PERMISO PARA UTILIZAR MÚSICA
    Con carácter xeral, precísase autorización para utilizar música de terceiros, podes solicitar información en entidades de xestión (SGAE, SEDA, AGEDI e AIE) ou buscar música en Internet cuxo uso estea permitido cunha licenza Creative Commons ou semellante.

    Consulta detidamente as condicións de uso, aos titulares de dereitos ou ás entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual. Aquí podes atopar os seus enderezos: https://www.culturaydeporte.gob.es/gl/cultura/propiedadintelectual/portada.html
  5. UN VÍDEO COMO PARTE DO TEU TRABALLO
    Para utilizar un vídeo ou parte del nun traballo persoal, precísase permiso do autor ou autores. O permiso pode obterse do autor ou do titular dos dereitos de autor, ou puido concederse cunha licenza Creative Commons. Podes consultar tamén as entidades de xestión correspondentes. Está permitido incluír unha ligazón a un vídeo que se atope en Internet, co consentimento dos seus titulares de dereitos, nunha páxina web de acceso aberto. Lembra que se precisa permiso para presentar vídeos de terceiros na clase.
  6. CITAR AS FONTES
    Lembra indicar no teu proxecto todas as fontes consultadas e os datos do autor.
  7. PUBLICACIÓN DUN PROXECTO EN INTERNET
    Se queres publicar un proxecto en Internet, comproba que tes os dereitos para publicar todas as obras utilizadas, así como para as imaxes, a música e os vídeos que incluíras no teu proxecto.

Lembra que se precisa permiso para presentar vídeos de terceiros na clase.