Crear un cómic

Resumo

  1. USO DE IMAXES
    Cando debuxas ou fotografas as imaxes ti mesmo para o teu cómic, xeras dereitos de autor polas túas imaxes. Os personaxes de distintos cómics, debuxos ou outros son obras protexidas por dereitos de autor. Se utilizas unha imaxe ou un debuxo realizado por outra persoa, como norma xeral, precísase o permiso do autor.

    Podes utilizar as imaxes creadas por outras persoas
    Co permiso do autor.

    Cunha licenza Creative Commons:
    O autor puido autorizar o uso das súas imaxes cunha licenza Creative Commons ou CC. As condicións da licenza indican como pode usarse a imaxe.

    Tamén podes consultar nas entidades de xestión correspondentes:
    CEDRO representa os editores de cómics e os escritores. VEGAP representa os ilustradores e fotógrafos.
  2. FACER FOTOS
    Tamén podes facer un cómic a partir de fotografías realizadas por ti. En lugares públicos, pode fotografarse tamén a persoas se contas coa súa autorización. Nun espazo privado, p. ex., a casa de alguén, sempre debe pedirse permiso para facer fotos.

    Débese pedir sempre permiso ás persoas que saen nas fotos para fotografalas e compartir esas fotos en Internet ou nas redes sociais. Lembra que non poden compartirse imaxes ofensivas.
  3. USO DE FRAGMENTOS DE TEXTO
    Con carácter xeral, débese contar con autorización para utilizar calquera obra textual, aínda que sexa só un pequeno fragmento. Incluso o título dun libro ou un cómic, cando sexan orixinais, atópanse protexidos. Por iso, non podes copiar o título orixinal doutra obra. Ademais, tamén os personaxes das obras textuais poden estar protexidos a través dos dereitos de autor e incluso como marca.

    Podes valorar a aplicación do límite de cita ao teu traballo. O límite de cita permite incorporar un fragmento dunha obra allea á obra propia, a xeito de cita, análise, comentario ou xuízo crítico, con fins docentes ou de investigación. O obxectivo da cita é ilustrar e dar maior claridade ao teu traballo. A cita sempre se marca con comiñas e menciónase o autor e a fonte.
  4. RESPECTAR OS DEREITOS DE AUTOR DOS DEMAIS
    Se usas as obras creadas por outras persoas, lembra mencionar o nome do autor e a fonte e pedir autorización cando sexa preciso. Para modificar unha obra, con carácter xeral, precísase o permiso do autor. Porén, as ideas ou unha obra creada por outra persoa poden utilizarse como fonte de inspiración para o teu traballo, mais o traballo realizado por outros non pode copiarse nin reproducirse. Utilizando unha idea, pode facerse un novo traballo independente e orixinal. Porén, o traballo que realices debe diferenciarse da obra orixinal para que non poida identificarse con ela.