UN TEXTO PODE UTILIZARSE CITÁNDOO INDIRECTAMENTE ou sexa, facendo referencia ao texto ou directamente, ou sexa, citando o texto.
Ao facer unha referencia, o contido do texto fonte segue sendo o mesmo que no texto orixinal: non debe distorsionarse a mensaxe nin cambiar o ton.
REFERENCIA OU CITA INDIRECTA Unha referencia consiste en expresar un tema ou contido coas túas propias palabras. Á hora de facer referencias, é importante comprender correctamente de que trata o texto, ou sexa, atopar o alegato principal do texto e os argumentos que o apoian.
Manuel di que o plaxio é ilegal. Segundo Manuel, o plaxio é ilegal.
Ao facer unha referencia a un texto orixinal non deben facerse valoracións. Algúns verbos que indican valoración son, por exemplo, afirma e cre. Ás veces, é preciso mostrar a túa propia opinión a respecto do tema ou contido do texto. Nestas circun stancias, pode comentarse o contido do texto, en cuxo caso, se fala dunha referencia de comentario.
Manuel cre [mais non o sabe con seguridade] que o plaxio é ilegal.
CITAR OU CITA DIRECTA Unha cita directa significa escribir o texto orixinal ao pé da letra. A cita directa márcase entre comiñas, ás veces o texto citado vai en cursiva. Unha cita directa é curta e só debe usarse se é preciso para comprender o texto orixinal.
Manuel di: «O plaxio é ilegal». «O plaxio é ilegal», di Manuel.
PLAXIO Se citas o texto doutra persoa sen indicar a fonte ou reivindicas o texto doutra persoa como teu, trátase dunha cita non autorizada, ou sexa, de plaxio.