Busca de dúas a tres fontes diferentes relacionadas co tema da clase ou tarefa de aprendizaxe. A primeira será fiable e apropiada para a tarefa; a segunda será fiable, mais irrelevante, e a terceira non será para nada fiable e será irrelevante desde o punto de vista da tarefa. Despois de ler os textos, debatede xuntos como se identifica unha fonte fiable e apropiada e de onde xorde a falta de fiabilidade da fonte.