Instrucións do taller

Consellos e ideas para proxectos

Os temas dos dereitos de autor adoitan aparecer no contexto de distintos proxectos. Os alumnos reflexionarán sobre se poden usar unha imaxe no seu traballo, onde atopar música de fondo para un vídeo, como se indican os datos do autor e as fontes, e que tipo de dereitos se originan para eles.

Para facilitar a elaboración dos proxectos, na Aula do Dereito de Autor poden atoparse resumos, exemplos para citar as fontes e instrucións sobre como usar diferentes materiais, como imaxes ou música, no seu traballo. Ao elaborar un proxecto ou durante un proxecto, tamén poden estudarse os dereitos de autor utilizando os xogos e materiais da Aula do Dereito de Autor.

A Aula do do Dereito de Autor ten novas instrucións para obradoiros que conteñen bos consellos e ideas para pór en práctica en distintos proxectos. Todas as instrucións veñen con ligazóns aos materiais dos dereitos de autor da Aula e ideas para ensinar os temas dos dereitos de autor en relación co proxecto.

Os proxectos son adecuados para Primaria, ESO e Bacharelato.

AVANCE DUN LIBRO

O obxectivo é facer un vídeo curto, presentando un libro que se lera. O proxecto do avance dun libro pode levarse a cabo na propia escola ou en colaboración coa biblioteca, e tamén pode compaxinarse con círculos de lectura.

PROXECTOS eTWINNING INTERNACIONAiS

A profesora e embaixadora de eTwinning, Sari Auramo, recompilou dous modelos e ideas de proxectos internacionais para a Aula do do Dereito de Autor. Un trata sobre a natureza que nos rodea e o outro, sobre a arte, a música e a literatura de diferentes países.

A natureza que nos rodea

Proxecto cultural

PROXECTO DE CÓMIC

As instrucións para o obradoiro de cómics inclúen ideas para facer un proxecto de cómic.

Obradoiro de cómics

As instrucións tamén conteñen ligazóns ás normas dos dereitos de autor da Aula.